O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Educación e Traballo Social recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

A existencia do PAT supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

 

PAT 2024/2025

Documentos do PAT

Asignación de persoal titor

 

Coordinación do PAT

Yolanda García Vázquez
+34 988 387 128
mariayolanda.garcia@uvigo.gal